Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Adianto do lanzamento das bases das subvencións ás confrarías e federación de confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras
BOPPO número 62, martes, 31 de marzo de 2020
Organismo : Deputación de Pontevedra
Organismo gestor: Deputación de Pontevedra (Servicios Administrativos)

ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 21 DE FEBREIRO DE 2020 POLO QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORAS E PESCADORES, FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS E ÁS AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2020

BDNS(Identif.):499969

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

1. Beneficiarias/os

Poderán solicitar estas axudas tanto as confrarías de pescadoras e pescadores coma a federación de confrarías ou as agrupacións de mariscadoras, co requisito nos tres casos de que estean legalmente constituídas e que pertenzan á provincia de Pontevedra.

2. Actuacións subvencionables

Subvencións para apoiar ás confrarías, á federación e ás agrupacións de mariscadoras en proxectos e actuacións que teñan como obxecto: a comercialización e valorización das producións, a formación técnica e asesoramento, divulgación e posta en uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético, material para a vixilancia das producións, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios, mantemento dos locais das confrarías e lonxas, e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados ás súas persoas asociadas.

3. Lexislación aplicable

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra do 21 de febreiro de 2020, Bases de Execución do Orzamento Provincial do ano 2020, Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, R.D. 887/2006, que aproba o regulamento da Lei Xeral de Subvencións, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, e demais lexislación de aplicación.

4. Contía Subvencións para investimentos

250.000,00 €

5. Prazo de presentación

Ante a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia internacional, o Goberno aprobou o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado en parte polo Real Decreto 465/202,de 17 de marzo, que determina a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público e, por conseguinte, na Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día que finalice o estado de alarma.

6. Outros datos de interese

Solicitudes e documentación: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

• Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

• Criterios de valoración: os establecidos na base décimo primeira da convocatoria.

• Gastos subvencionables: os necesarios para o desenvolvemento da actividade obxecto de subvención.

• Compatibilidade: compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos sempre que non supere o custo do investimento.

• Forma de pago: transferencia.

• Forma de xustificación: mediante memoria explicativa, sinalando que os gastos se aplicaron á finalidade prevista, e conta xustificativa detallando a relación de facturas.

• Prazo máximo de xustificación: a actividade ou o investimento deberá estar rematada antes do 31 de decembro de 2020, as entidades beneficiarias deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2021.