Debido ao notorio e grave impacto na actividade económica xeral e en especial no sector marítimo e pesqueiro, desde Portos de Galicia adóptanse as seguintes medidas en aras de contribuír coa tesoureira das entidades e empresas usuarias dos portos así como para favorecer a liquidez que garanta a continuidade da actividade unha vez superado o estado de alarma.
Primeiro
Aquelas liquidacións de taxas xa notificadas e nas que o prazo de pago voluntario vencese a partires do 18/03/2020, por aplicación do artigo 33.1 do RDL 8/2020, do 17 de marzo, aplicable aos tributos autonómicos por disposición do artigo 53 do RDL 11/2020, do 31 de marzo, o novo prazo de ingreso voluntario amplíase ata o 30/04/2020 momento ata o cal o contribuinte poderá solicitar os aprazamentos e os fraccionamentos previstos na lei xeral tributaria e nos regulamentos de recadación.
Segundo
Portos deGalicia aprazará a emisión de liquidacións de taxasde forma que durante o período do estado de alarma e dous meses despois da súa finalización, non procederá a realizar liquidacións de taxasen período voluntario de pago previsto no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, respectando sempre o establecido no artigo 66 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, pola que se establece a prescrición do dereito da Administración a determinar, liquidar e esixir o pago das débedas tributarias, neste caso portuarias, liquidadas ou autoliquidadas.