RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello Galego de Cooperativas do 7 de abril de 2020, polo que se autorizan as cooperativas galegas a destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19.
O Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión da Comisión Permanente do 7 de abril de 2020, adoptou o seguinte acordo: «Autorizar, ao abeiro do artigo 68.2.f) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, as cooperativas galegas que así o determinen en aplicación das liñas básicas fixadas polos estatutos ou pola asemblea xeral, para destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade, exclusivamente durante o exer-cicio 2020, para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19»