Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Regulación del procedimiento para la formalización de  anticipos  de  prestaciones  por  desempleo  por ERTES a consecuencia  del COVID-19
ORDEN del 24 de abril de 2020
DOG.Núm.80 - Lunes, 27 de Abril de 2020
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego  e  Industria,  e  diversas  entidades  financeiras  para  a  formalización de  anticipos  de  prestacións  por  desemprego  con  orixe  en  expedientes  de  regulación  temporal  de  emprego  consecuencia  da  crise  económica  provocada  polo COVID-19 (código de procedemento TR820X).

A pandemia de COVID-19, declarada pola Organización Mundial da Saúde o pasado 11 de marzo, supuxo unha emerxencia sanitaria a nivel global con consecuencias moi serias na actividade económica e no emprego. Ante a situación de emerxencia de saúde pública e pandemia internacional, aprobouse o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

As limitacións impostas pola citada norma supoñen a paralización da actividade en diversos sectores, o que implicou efectos negativos xeneralizados sobre o emprego e, en particular, un incremento no número de solicitudes de expedientes de regulación de emprego. Co obxecto de mitigar, polo menos de maneira parcial, o impacto que tal situación pode provocar na renda dispoñible dos traballadores galegos que se viron afectados por estes procedementos, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subscribiu un Convenio de colaboración con diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19.

Co obxecto de dar cobertura ao procedemento de concesión dos anticipos obxecto do convenio e garantir a súa tramitación e validación de forma fiable e áxil, faise necesario articular un procedemento electrónico de comunicación, por parte das empresas, cun expediente  de  regulación  temporal  de  emprego  autorizado  e  comunicado,  da  información  necesaria relativa ás persoas traballadoras afectadas, que opten por acollerse aos ditos anticipos.