Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> Modificación de las Bases reguladoras de los incentivos a la contratación por cuenta ajena como consecuencia da situación e evolución do coronavirus
ORDE do 1 de junio de 2020
DOG.Núm.111 - Martes, 9 de junio de 2020
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Consellería de Economía, emprego e industria

CAPÍTULO ÚNICO

Disposicións específicas para a modificación das ordes de convocatoria de incentivos á contratación e formación para o ano 2020 e que se relacionan no artigo 1

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación1. A presente orde ten por obxecto establecer a posibilidade da impartición do bono de formación na modalidade de teleformación para as accións formativas financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para paliar os efectos do impacto económico e social derivado da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e do estado  de alarma para a súa xestión declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, coa finalidade de optimizar a emplegabilidade das persoas traballadoras, desempregadas e contribuír á mellora da competitividade dos diferentes sectores económicos de Galicia.As ordes de convocatoria nas que se posibilita a impartición da formación na modalida-de de teleformación son:

a) Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e á formación de persoas mo-zas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349T).

b) Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342A).

c) Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR350A).

d)  Orde  do  21  de  novembro  de  2019  pola  que  se  establecen  as  bases  reguladoras  do  Programa  de  incentivos  á  contratación  por  conta  allea  das  persoas  desempregadas  paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349R).

e) Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e a consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa ope-rativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

2. As persoas e entidades beneficiarias das subvencións dos procedementos que se sinalan no punto 1 poderán utilizar a modalidade de teleformación para a impartición da formación e ata o de agora excluída para xustificar os incentivos establecidos no Bono de formación, nos termos que se establecen nesta orde.

Artigo 2. Execución da formación e requisitosPara o caso de impartición da formación na modalidade de teleformación, deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade que posibilite a interactividade entre a persoa traballadora que recibe a formación e a que imparte a titoría e que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada, o seu seguimento continuo en tempo real, así como a avaliación de todo o proceso.Programaranse  controis  periódicos  de  aprendizaxe  cun  número  de  horas  para  cada  módulo en función dos contidos relacionados co posto de traballo, ata acadar o mínimo de horas teóricas exixidas na convocatoria.

Artigo 3. Xustificación A xustificación na modalidade de teleformación  xustificarase mediante a presentación dos resultados obtidos nos controis de aprendizaxe programados por cada un dos módulos polos que a persoa recibiu a formación e que permitan identificar se realizou as probas, a data e a hora en que se desenvolveu o control e o tempo empregado para o seu desenvolvemento con indicación da súa cualificación.

Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da formación.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.