AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAISRESOLUCIÓN do 28 de maio de 2020 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e se aproba a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT213A)
Neste momento, sendo conscientes do momento crítico polo que está a pasar o sector cultural derivado da declaración do estado de alarma efectuada polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, como consecuencia da pandemia ocasionada polo COVID-19, e da crise producida a nivel social requírese a adopción de medidas e accións que permitan apoiar o sostemento dos festivais de artes escénicas de Galicia, a través da convocatoria destas bases.CVE-DOG: bx6pdi24-vbs8-bh38-9om2-zaauft8ubk85
RESOLVO:
Primeira. Aprobación e obxecto das bases reguladoras
Esta resolución, en desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e pre-vistos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Cultu-rais (Agadic), ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT213A).
Segunda. Normativa aplicable
A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, á Lei 38/2003, do 17 de novem-bro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.