Medida de apoyo

Medida de apoyo

MEDIDAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD ECONÓMICA
-->> II Plan de rescate da Xunta de Galicia. Liña 2
DOG Num.36, martes 23 de febrero de 2021
Organismo : Consello da Xunta de Galicia
Organismo gestor: Consellería de Emprego e Igualdade

Bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

Esta orde regula dous programas de axudas. Por unha banda, as axudas do Programa I teñen por obxecto apoiar o sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias. Por outra banda, as axudas do Programa II teñen por obxecto o apoio a outras actividades distintas da anterior, pechadas pola normativa sanitaria.

– Programa I Hostalaría: axudas ao sector da hostalaría cun orzamento de 12.000.000 de € con cargo a fondos finalistas e fondos propios da Comunidade Autónoma.

– Programa II Outras actividades pechadas: axudas os establecementos pechados pola normativa ditada polas autoridades sanitarias cun orzamento de 3.000.000 de € con cargo aos fondos finalistas e fondos propios da Comunidade Autónoma.

En canto ao procedemento de concesión, establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial, no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión; no Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

A presente convocatoria, por outra banda, tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinados a respaldar a economía no contexto do actual do gromo de COVID-19 (Marco nacional temporal), notificado inicialmente o 27 de marzo de 2020 á Comisión Europea que, mediante Decisión da Comisión do 2 de abril de 2020 (C (2020) 2154 final, sobre axuda estatal SA.56851 (2020/N), declarou as axudas amparadas no devandito marco compatibles co mercado interior. As decisións SA.57019 (2020/N), SA.58778 (2020/N) e SA.59196 (2020/N) aproban as posteriores modificacións do marco.