El alcalde de Vigo convoca mañana la primera reunión del consejo asesor de la ciudad
Abel Caballero explicou que participarán entre 40 e 45 persoas de diferentes ámbitos da economía e industria viguesas para este primeiro encontro por videconferencia no que abordarán de forma conxunta a recuperación da cidade.
O rexedor preside mañá ás 13:00 horas a primeira reunión do consello asesor da cidade para a recuperación económica na que, a falta dalgunha incorporación, participarán entre 40 e 45 persoas en representación do mundo da pesca, a universidade, a automoción con Citroën e a industria, os estaleiros e Asime, a investigación en diferentes ámbitos, unha representación do mundo editorial e dos libreiros, da avogacía, enxeñaría, transporte, hostalería, grandes superficies, comercios, medios de comunicación, música, entidades financeiras ou pesca. Estarán tamén os catro tenentes de alcalde do Concello.
Abel Caballero explicou que “temos que articular de forma conxunta a recuperación da economía en Vigo; esa é unha función central e fundamental”, dado que na saída sanitaria “estamos cooperando todo o que podemos pero temos que empezar a deseñar a saída ás dificultades económicas e o futuro”.
O alcalde avanzou que haberá unha segunda reunión para a que contactará con representantes sindicais e do mundo social para abordar o ámbito social, sindical, institucional e as ONG´S que conformarán un segundo bloque, máis alá do mundo empresarial, coa pretensión de acoutar as reunións do consello asesor da cidade.
Amais apuntou que poñerá en marcha un terceiro nivel de reunións “co mundo do traballo no concreto”: asociacións de comerciantes, de hostalería… para estudar as demandas e analizar que se pode facer.