Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

La Diputación lanza la campaña "Elixe comercio local" para revitalizar el consumo y la economía de cada una de las comarcas de la provincia

Fuente: Diputación de Pontevedra
15/05/2020

Carmela Silva: "A campaña será diferenciada para cada comarca e poñerá en valor as características únicas que distinguen ao comercio local como son a identidade o territorio, a confianza, o coñecemento, a sustentabilidade e a calidade"

Se a comezos de maio a Deputación lanzaba "Pontevedra provincia na túa cesta" para impulsar os produtos locais, a próxima semana arranca "Elixe comercio local", unha nova campaña de promoción coa que a institución busca –en palabras da presidenta Carmela Silva- "apoiar ao comercio local, así como revitalizar o consumo e a economía de todas as comarcas da provincia".  Para elo, a acción promocional incidirá "nas singularidades e características únicas que diferencian ao comercio local -fronte ás grandes superficies ou comercio online- como son a identidade co territorio, a familiaridade, a confianza, o coñecemento, a sustentabilidade e a calidade".

"O noso obxectivo é  revitalizar a economía do territorio, incentivando o consumo da poboación local e das persoas que se acheguen ata a provincia, para que o fagan nos comercios locais, apoiando así ás pequenas e medianas empresas", asegurou Silva, quen fixo fincapé en que todas as comarcas terán un papel protagonista. "Todas terán unha creatividade específica, na que se vai amosar unha fotografía que as represente xa que non podemos esquecer que o comercio local está moi vencellado ao territorio".

A creatividade de "Elixe comercio local", elaborada con medios propios da Deputación, presenta un mapa da provincia cun kiosco que amosa o relatorio de produtos que se poden encontrar no comercio local.  En canto á cuña radiofónica, centrarase nas características deste tipo de comercio como son o trato amable, a atención personalizada, a cercanía, a capacidade de xerar emprego, animando ás persoas que a escoitan a consumir en comercios das comarcas da provincia de Pontevedra. En liñas xerais a campaña vaise desenvolver en canais propios, medios dixitais e impresos, así como radios e televisións, co obxectivo de ter o maior impacto posible.