La Diputación de Pontevedra y Abanca lanzan una aplicación móvil que facilita el pago de los tributos municipales
A ferramenta dixital, que está dispoñible desde hoxe luns, 1 de xuño, busca potenciar a utilización da Administración electrónica nestes tempos de COVID-19
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa entidade financeira Abanca, pon en marcha desde este luns 1 de xuño unha aplicación móbil que sirve como novo instrumento de pagamento dos tributos municipais e calquera outro ingreso de dereito público xestionado polo ente provincial. Con esta nova ferramenta dixital, as persoas usuarias serán quen de realizar o pago dos impostos xestionados polo ORAL cunha maior facilidade, desde calquera lugar e en calquera momento dentro dos períodos de cobro de cada mes.
A aplicación, dispoñible para os sistemas operativos Android e IOS, é de carácter gratuíto. Así, a creación desta nova aplicación móbil busca fomentar a utilización da Administración electrónica co obxectivo de evitar, nestes tempos de COVID-19, desprazamentos innecesarios fóra do fogar.
A posta en marcha da aplicación móbil atópase inserida dentro do paquete de medidas urxentes extraordinarias nos ámbitos social e económico establecido pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ao virus.