Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

Abel Caballero comparece este xoves na Comisión para a Reconstrución Social e Económica do Congreso

Fuente: Concello de Vigo
03/06/2020

O alcalde vigués exporá as propostas desde o ámbito local para o proceso de reactivación, en especial as que afectan á atención social, que se atopan entre as que reclaman un seguimento máis urxente desde as Entidades Locais.

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP comparecerá na tarde deste xoves ante a Comisión para a Reconstrución Social e Económica, constituída no Congreso dos Deputados. Segundo declarou este mércores, Caballero intervirá en sede parlamentaria como “portavoz das necesidades sociais de toda España”, unhas necesidades que, de forma maioritaria, veñen cubrindo as Entidades Locais, ofrecendo atención de proximidade e respostas máis rápidas que outras Administracións.

Desde a FEMP, ao longo dos últimos meses, veuse traballando en diversos ámbitos de actuación. Destaca, nese sentido, a proposta da Federación en materia financeira para asegurar a participación efectiva de Concellos, Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares no proceso de reconstrución post- COVID-19, unha proposta que queda compilada no documento “Alicerces para a Reactivación Económica e Social da Administración Local”.

Outra das actuacións destacadas foi a elaboración de propostas e medidas extraordinarias, máis de 400, presentadas polas diferentes Comisións de Traballo da Federación, relativas a actuacións municipais para reactivar sectores como o turismo, o comercio e o consumo, a mobilidade e o transporte, entre outros, e tamén para intervir en materias como o despoboamento, a seguridade, a saúde, a atención á mocidade e infancia, os maiores e outros colectivos vulnerables.