Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

El PXOM favorecerá la reactivación económica duplicando el suelo industrial y con 50.000 nuevas vivendas

Fuente: Concello de Vigo
09/06/2020

Abel Caballero sinalou esta mañá que o PXOM será unha ferramenta importante na reactivación económica da cidade ao incorporar 50.000 novas vivendas e duplicar o solo industrial con 2 millóns de metros cadrados de terreo para empresas. Nestes momentos o documento atópase na páxina web da Consellería de Medio Ambiente para consultas públicas, unha vez que a Xunta iniciou o avaliación estratéxica ambiental do borrador enviado polo Concello hai dous meses aproximadamente.

O alcalde deu conta esta mañá do avance na tramitación do PXOM unha vez que a Xunta iniciara onte a avaliación estratéxica ambiental co proceso de consultas públicas dos documentos que xa están colgados na páxina web da Consellería de Medio Ambiente. O Concello de Vigo enviou hai dous meses aproximadamente o borrador do PXOM e realizou as correccións que requiriu a Xunta para poder iniciar este proceso de avaliación ambiental que durará dous meses durante os que os cidadáns poderán facer as súas observacións. Caballero afeou á oposición as súas críticas de oscurantismo cando o que fixo o Goberno foi "adiantar" dous meses a tramitación dado que agora é o momento da publicidade -en función da decisión da Xunta - que "neste caso estivo á altura do que Vigo require, facendo o traballo a razoable velocidade".

Na habitual rolda de prensa telemática sinalou que o borrador que está en tramitación presenta un modelo para Vigo que vai permitir a reactivación económica coa previsión de 50.000 novas vivendas, duplicando o solo industrial e concentrando as áreas comerciais xa previstas. É sostible desde o punto de vista medioambiental,engadiu, con con máis espazos verdes, dotacións públicas e unha mobilidade sostible. Desaparece a especulación, así como actuacións controvertidas como Porto Cabral, "que tanto dano lle ía causar ao pequeno e mediano comercio".

En verbas do rexedor, este documento compacta a cidade con desenvolvementos de vivenda en zonas como Sárdoma/Avenida de Madrid (Ofimático), a Avenida de Europa, Samil ou Seara, ademais de manter a calidade de vida no rural. Duplícase o solo industrial, -con 2 millóns máis de m2 de terreo empresarial - coa ampliación do PTL, Balaídos e a Pasaxe, así como novas zonas en Peinador, Meixoeiro, Sobreira ou Puxeiros. Esta previsión evitará, puntualizou Caballero, que nunca máis unha empresa deixe de instalarse en Vigo por falta de solo industrial.

Respecto das comunicacións, está prevista unha gran circunvalación desde Baruxáns (na conexión da futura autovía Vigo-O Porriño) ata Clara Campoamor e de aí ata Peinador, A Balsa e Balaídos. Nesta zona, destacou, apenas hai vivenda polo que a actuación non interfire con zonas residenciais. Tamén se procederá a integrar a AP9 cun novo enlace de Bos Aires e zonas de humanización, de xeito que a autoestrada se converte nunha zona urbana.

O borrador do PXOM recolle 3,5 millóns de zonas zonas verdes, con oito parques novos (pasamos de 6 a 14). Toda a ribeira do Lagares será un parque lineal e anexos, o mesmo que a Avenida de Europa, cunha gran zona verde entre Samil, Alcabre e Navia; unha conexión verde entre o Calvario e o Lagares; a permeabilización de Gran Vía-Lagares, así como a recuperación das dunas de Samil e O Vao.

Mantense a Biblioteca do Estado e a zona dotacional, así como a nova Cidade Deportiva de A Balsa, a cinco minutos do actual estadio municipal de Balaídos.

Cronograma

Unha vez que rematen os dous meses de consultas públicas, o Concello espera a resposta da Xunta para este mes de outubro. Segundo detallou, a aprobación inicial chegará no primeiro trimestre de 2021 e a aprobación definitiva será en 2023. Mentres que se desenvolve o período de exposición pública, o goberno municipal continúa traballando na redacción do documento para a súa aprobación inicial.