O Concello ofrece asesoramento a PEMES e autónomos das medidas estatais polo coronavirus
Os emprendedores e pequenas e medianas empresas poden resolver as súas dúbidas sobre o primeiro paquete de apoio aprobado este martes polo Consello de Ministros, dotado de 20.000 millóns para garantir ata o 80% dos prestamos solicitados para pagar salarios ou facturas.
As pequenas e medianas empresas e autónomos teñen á súa disposición un sistema de consulta e información do Concello sobre as decisións tomadas polo Consello de Ministros e a utilización de 20.000 millóns para garantir o pago de préstamos ás empresas para pagar salarios e facturas”, indicou este mércores o alcalde.
O Concello quere así informar e atender as consultas de emprendedores e PEMES sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas polo Goberno de España para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19. A atención préstase a través de teléfono ou mail, explicou Caballero.
As dúbidas poden propoñerse nun número específico para a cuestión, o 650253950, de luns a xoves de 09:30 a 14:30 horas e de 15 a 18:30 horas, e os venres, de 09:30 a 15:30 horas; e tamén a través do mail vigoemprende.info@vigo.org. Para máis información, o número 010 e a web municipal (www.vigo.org)