Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

El Concello de Vigo concede ayudas “anticovid” por valor de 100.000€ a autónomos y microempresas

Fuente: Concello de Vigo
22/10/2020

Un total de 71 autónomos e micropemes beneficiaranse do programa de axudas á contratación posta en marcha polo Concello de Vigo dentro do paquete de medidas de recuperación económica fronte á pandemia do Covid-19. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o proxecto de mellora do campo de fútbol de O Vao e achegas para o sindicato CIG e a asociación Villa Galicia.

O alcalde de Vigo, Abal Caballero, informou este xoves de que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a resolución da convocatoria de “Axudas Municipais á Contratación 2020” dentro das medidas covid para o apoio a autónomos e micropemes por importe de 100.000 euros.

Segundo explicou o rexedor, o Concello reformulou o programa de axuda ao emprego xuvenil e con motivo da pandemia abriu dúas liñas de axudas diferentes destinadas á recuperación económica. Por un lado, un programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos, cun importe de 73.787,50 euros e un total de 55 axudas concedidas. Por outro, un programa de incentivos á contratación, cun importe de 26.212,50 euros e 16 axudas concedidas.

Campo de fútbol de O Vao-Coruxo

A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace á proposta de aprobación do “Proxecto básico e de execución para a renovación integral do céspede de herba natural e da instalación do alumeado do terreo de xogo do campo municipal de fútbol de O Vao-Coruxo por un importe de 642.434,46 euros.

O alcalde lembrou que o Concello xa mellorou un total de 43 terreos de xogo en Vigo cun investimento superior aos 7 millóns de euros. Caballero mencionou algúns dos campos reformados, como os de Navia, Candeán, Meixoeiro, A Bouza, Bouzas, Sárdoma, San Andrés de Comesaña, Samil, Valadares, San Miguel, Monte da Mina, Etea, Navia e Sárdoma. Están pendentes de adxudicación os de A Guía e Fragoselo-Coruxo, mentres que en proxecto están os de Santa Mariña e Samil, e en estudo o de Carballal.

PXOM

Nunha Xunta de Goberno urxente tamén foi aprobada a addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a extinta consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade en traballos de redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM).

CIG


O goberno local sacou adiante tamén o proxecto de convenio coa Unión Comarcal CIG de Vigo no marco do fomento de emprego para o desenvolvemento do “Programa Servizo de Atención Cidadá, Servzio Técnico de Igualdade e Xornadas Formativas Diversas” por importe de 30.366,94 euros.

Villa-Galicia

Ademais, a goberno local tamén aprobou en xunta ordinaria o proxecto de convenio de colaboración coa “Asociación de Xubilados e Pensionistas Villa-Galicia”, cun importe de 4.000 euros, para axudas ao financiamento dos gastos de mantemento e alugamento do local social necesarios para o desenvolvemento das actividades da entidade para o ano 2020.