Página Principal

Listado de ayudas

NOTICIAS ECONÓMICAS#COVID-19

A Xunta activa unha nova liña de axudas directas para apoiar a reactivación da actividade deportiva competitiva

Fuente: Xunta de Galicia
09/09/2021

Haberá 3 liñas de actuación: axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación da minoración dos ingresos e axudas ás federacións deportivas galegas

Feijóo sinala que os clubs e federacións poderán dispoñer dos pagamentos anticipados do 100% do importe da contía da subvención concedida

 O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dunha nova liña de axudas directas para apoiar ás federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia.

Tras a súa aprobación en Consello, Feijóo incidiu en que o obxectivo de esta iniciativa será a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da covid-19. Para acadalo haberá 3 liñas de actuación: axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación da minoración dos ingresos e axudas ás federacións deportivas galegas.

En relación ao investimento, o presidente da Xunta lembrou que grazas ao Fondo de Consenso, a Secretaría Xeral para o Deporte recibiu case 6M€, que se suman ao seu orzamento inicial e dos que, 1,7 M€ se destinan a segunda convocatoria de equipamentos e os 4 M€ restantes a esta liña de axudas de reactivación.

Máis polo miúdo, tamén explicou que os clubs e federacións poderán dispoñer dos pagamentos anticipados do 100% do importe da contía da subvención concedida.